InicioCentralFozO III Encontro de Cultura Marítima da Mariña celebrarase o 22 de...

O III Encontro de Cultura Marítima da Mariña celebrarase o 22 de xullo en Foz

Publicada o

- Advertisement -

Vivemar celebrará o III Encontro de Cultura Marítima da Mariña en Foz, como continuidade ao II Encontro de Cultura marítima que organizaron en San Cibrao no pasado mes de marzo, desta volta a sesión colectiva de traballo terá lugar no Cinema do Concello de Foz.

Este terceiro encontro é unha acción resultado do acordado entre todas e todos os asistentes individuais e colectivos ao encontro de marzo como proxectos a desenvolver. Desta volta o encontro deseñouse como xornada técnica con sesións de traballo onde haberá tres comisións, unha adicada ás embarcacións tradicionais, outra ao patrimonio construido e a terceira ao patrimonio inmaterial.

Aproveitando os diversos e interesantes recursos existentes en Foz, os asistentes poderán coñecer parte deste patrimonio marítimo tanto do porto de Nois como do de Foz da mán de Antón Niñe e a Sociedade Cultural A Rula de Foz como bos anfitrións e coñecedores na materia. Sen faltar a parte experiencial e lúdica, nesta ocasión achegándonos ben de preto á navegación nunha traíña como embarcación tradicional do cantábrico galego.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...