InicioCentralFozO Concello de Foz clausurou o II Certame de Teatro Afeccionado José...

O Concello de Foz clausurou o II Certame de Teatro Afeccionado José Luis López Lorenzo

Publicada o

- Advertisement -

Este pasado venres celebrouse na Casa da Cultura de Foz a gala de entrega de premios do II Certame de Teatro Afeccionado José Luis López Lorenzo (O Poto). Nela foron desvelados os gañadores das diferentes categorías e contou con dúas mestras de cerimonias moi especiais: as actrices moi coñecidas do panorama artístico galego e nacional Iolanda Muíños e Carmen Méndez.

O reparto de premios quedou como segue:

Premio á mellor posta en escena: Nin o demo entende ás mulleres, do grupo de teatro Asociación Cultural Pedroso.

Premio á mellor dirección: Paco Luna, por Vacacións, de Atequerrete Teatro.

Premio á o mellor guión: Manuel Núñez Singala e Paco Luna, por Desaquelando, do grupo Teatro Pesadelo.

Premio á mellor actriz: Betty Couce, por Marina en Nin o demo entende ás mulleres, do grupo de teatro Asociación Cultural Pedroso.

Premio ao mellor actor: Ramón Ángel Ares, por O documento, do Colectivo Cultural Ollomao.

Segundo premio á mellor representación: O documento, do grupo de teatro do Colectivo cultural Ollomao.

Primeiro premio á mellor representación: Nin o demo entende ás mulleres, do grupo de teatro Asociación Cultural Pedroso.

Os premios foron entregados polo alcalde de Foz, Fran Cajoto, e a concelleira Inés López Couto. O rexedor municipal mostrouse “encantando coa participación e espero que o ano que ven poidamos desfrutar de máis teatro afeccionado de tan boa calidade coma o desta edición.”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...