InicioCentralSocorristas rescatan a un home que caeu ao mar nunha zona rochosa...

Socorristas rescatan a un home que caeu ao mar nunha zona rochosa da praia da Rapadoira, en Foz

Publicada o

- Advertisement -

Varios socorristas rescataron da auga a un home que caeu ao mar nunha zona rochosa da praia da Rapadoira, no municipio lugués de Foz. O suceso tivo lugar ao redor das 14,45 horas deste luns, cando os socorristas tiveron que lanzarse á auga para auxiliar a este home, que sufriu un golpe na cabeza e tragou auga.

Unha vez fose do mar, os efectivos de Urxencias Sanitarias 061 atenderon ao home, quen, posteriormente, foi evacuado en ambulancia a un centro hospitalario. Tamén necesitou axuda para saír do auga unha moza que se bañaba no río Tambre as proximidades da ponte de pedra de Ponche Maceira, en Ames (A Coruña).

Ao redor das 17,40 horas deste luns, a muller tirouse ao auga pero non era capaz de saír á beira. Bañistas que se atopaban na zona lanzáronse ao río para sacar á moza do río, que foi evacuada máis tarde en ambulancia ata un centro sanitario.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...