InicioCentralFozO Festival 'Coa Nosa Fala' celebrarase este mércores no Campo da Cabana...

O Festival ‘Coa Nosa Fala’ celebrarase este mércores no Campo da Cabana en Foz

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “a nosa fala é a lingua, pero tamén a música. Este festival, creado por Arcadio Mon, busca a exaltación da música galega e en galego".

Publicada o

- Advertisement -

Este mércores, día 12, a partir das 22.00 horas no Campo da Cabana poderemos desfrutar da mellor música galega no festival Coa nosa fala, organizado polo Concello de Foz e no que actuarán o grupo Abril e Catuxa Salom.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “a nosa fala é a lingua, pero tamén a música. Este festival, creado por Arcadio Mon, busca a exaltación da música galega e en galego. Nesta edición ademais a nosa fala é feminina, e en todos os sentidos, xa que as artistas que nos deleitarán son mulleres que representan a xuventude e a forza”.

Comezamos a programación das festas co Carme con este festival que quere ser un escaparate para grupos locais e emerxentes e tamén unha reivindicación de que temos moi cerca profesionais de gran talento”, comenta Inés López Couto.

Abril é unha formación de música folk formada por Marina Carpente ao violín, Claudia Abril á voz e pandeireta e Antón Lago á guitarra clásica. As distintas influencias musicais do trío vigués conflúen no seu repertorio, que inclúe melodías tradicionais galegas e tamén do resto da península arranxadas e mesturadas con ambientes sonoros máis actualizados.

Catuxa Salom fusiona folclore galego, ritmos latinoamericanos e electrónica. As súas cancións son un canto á vida rural, ao ecofeminismo e ás raíces, un convite a conectar co noso pasado. A artista galega de raíces nativo-arxentinas, finalista dos Premios Martin Códax na categoría de músicas do mundo e mestizaxe este ano 2022, consolídase como unha das novas referencias do panorama electrofolk en Galicia.  “Agardámosvos en Foz coa mellor música. Esperamos que desfrutedes”, finaliza a edil de Cultura.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...