InicioCentralFozAntón Niñe abrirá as Xornadas de Historia de Foz cunha palestra sobre...

Antón Niñe abrirá as Xornadas de Historia de Foz cunha palestra sobre o artista Xosé Rivas

Niñe repasara a obra artística do escultor e tallista natural de Riotorto.

Publicada o

- Advertisement -

As xornadas de historia de Foz organizadas pola asociación A Pomba do Arco arrancan o luns 31 de xullo as 23:30 cunha palestra de Antón Niñe sobre o artista mariñán Xosé Rivas, pais dos autores da imaxe da Virxe do Carme presente na igrexa de Foz e diversas imaxes da Virxe do Carme presentes en diversas localidades da Galiza. Neste caso, Niñe repasara a obra artística do escultor e tallista de Riotorto.

Niñe, veciño de Foz, foi profesor de relixión no I.E.S. Perdouro de Burela, exerceu a presidencia da A.C. “Os Matos” e  autor de diversas publicacións de temática histórica. Neste sentido, ten participado en anteriores edicións das xornadas, con traballos de diverso tipo, sendo conferencia habitual en moitas localidades da Mariña.

Antón Niñe indica que a devoción á virxe do Carme e relativamente moderna, cuxa data chave é 1901, cando a raíña rexente María Cristina declarouna patroa da mariña de guerra. Desde entón, debido a que na Armada era onde cumprían o servizo militar a maioría dos mozos mariñeiros, popularizouse de tal forma que substituíu todos os santos ligados desde séculos antes ás xentes vinculadas ao mar. Neste sentido, apunta que tradicionalmente os mariñeiros de Foz tiñan como patrón a San Pedro, santo quer daba nome ao Gremio do Mar focego e patrón da Sociedade de Socorros Mutuos.

Niñe destaca que Xosé Rivas Fernández naceu en Riotorto en 1886, “cursa estudos na Escola de Artes e Oficios de Santiago, completa a súa formación nos obradoiros de Ramón Núñez, López Pedre e Maximiño Magariños, participa en varias exposicións acadando varios premios”. Na mesma dirección, sinala que “aos 24 anos monta o seu propio taller, onde traballaran nove dos seus 12 fillos, morrendo en decembro de 1950”.

A obra artística de Rivas é moi ampla. Neste sentido, “é autor de múltiple imaxinaría relixiosa, como Virxes, santos, altares e pasos de Semana Santa presentes en igrexas e confrarías de toda Galiza”. Ao tempo, é autor dunha importante obra civil, do que é un bo exemplo o frontispicio do edificio da  Facultade de Medicina en Santiago de Compostela.

As pezas de Rivas están presentes en moitas das localidades da Galiza. Así, por exemplo para Viveiro fixo un gran número de imaxes para a Semana Santa. Neste caso, o comisionado da confraría despois de contactar con algúns dos talleres máis relevantes da cidade de Santiago, decidiuse polo seu, para así realizar, primeiro a imaxe da Piedade, en 1.944, o Cristo da Agonía, en 1.945 o Prendemento en 1.946 e a Borriquiña en 1.947.

A Rivas correspóndelle a creación do novo tipo iconográfico da Virxe Mariñeira, que se atopa en diversos templos da Galiza e é habitual nas procesións do Carme de moitas localidades galegas. A primeira delas foi construída en 1917 para Cedeira, seguíronlle en 1927 a de Baiona e Moaña, sendo tamén da súa feitura, entre outras a de Camariñas e Laxe. Precisamente os fillos de Rivas foron os autores da imaxe da virxe do Carme de Foz, que corresponde coa iconografía creada polo pai.

As xornadas continuará o  martes 1 de agosto as 20:30 cunha palestra de Alexandre Peres Vigo, cun relatorio titulado ‘San Martiño, Mailoc e o mosteiro Maximum’ . Peres Vigo é profesor da Universidade da Coruña, autor de números publicacións no ámbito lingüístico e histórico, e coordinador, entre outras, da publicación colectiva Os reis e as raíñas da Galiza.

Vigo explicará na súa palestra as orixes da sede de San Martiño de Mondoñedo no século V e o papel desenvolto nese proceso por unha comunidade de persoas procedentes das Illas Británicas que se instalan nese período na Galiza e que tiñan como cabeza un bisbo, o máis coñecido dos cales denominado Mailoc. Vigo sustenta tese que o mosteiro Maximun dos bretóns emprazábase en San Martiño de Mondoñedo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...