InicioCentralFozFoz aconsella non usar temporalmente a auga da traída pública para beber...

Foz aconsella non usar temporalmente a auga da traída pública para beber e cociñar

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que a auga é apta para o resto de usos: "A nosa principal preocupación é que non se produza ningún tipo de risco para a saúde por mínimo que este sexa".

Publicada o

- Advertisement -

O control de mostras amosa valores de trihalometanos (THM) por encima dos límites permitidos de 100 µg/L. Aínda que o risco sanitario está asociado a un consumo continuado de auga durante anos con niveis de THM elevados, o Concello de Foz recomenda á poboación, como medida preventiva, non inxerir auga da traída nin preparar alimentos con ela ata que diminúan estes niveis, tal e como suxire a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Desta recomendación exclúese a parroquia de Cordido, que recibe o subministro dunha rede independente.

O Concello de Foz de xeito inmediato procedeu a aplicar as medidas de corrección necesarias no proceso de potabilización, substituíndo a concesionaria Gestagua o reactivo hipoclorito de sodio por peróxido de hidróxeno, de xeito que se espera que os valores volvan aos límites permitidos nun corto período de tempo.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que a auga é apta para o resto de usos, incluído o baño e a ducha ou a limpeza en xeral: “xa adoptamos as medidas necesarias para que a auga volva aos niveis axeitados. A nosa principal preocupación é que non se produza ningún tipo de risco para a saúde por mínimo que este sexa. Pedimos desculpas polas incomodidades que isto vai producir” .

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...