InicioCentralFozO Festival Vrao Sons Independentes celebrarase en Foz o 12 de agosto

O Festival Vrao Sons Independentes celebrarase en Foz o 12 de agosto

O promotor do festival, Antonio Paz, explicou: “despois do éxito acadado o ano pasado creemos que este formato de festival chegou para quedar e proba diso é o apoio institucional recibido por parte principalmente do Concello de Foz, a Deputación de Lugo e a ACIA"

Publicada o

- Advertisement -

Esta mañá presentouse no Cenima de Foz a segunda edición do festival Vrao Sons Independentes, que se celebrará o día 12 deste mes, sábado, na praza Conde de Fontao da vila focega.

O promotor do festival, Antonio Paz, explicou: “despois do éxito acadado o ano pasado creemos que este formato de festival chegou para quedar e proba diso é o apoio institucional recibido por parte principalmente do Concello de Foz, a Deputación de Lugo e a ACIA; e desde a organización non podemos estar máis agradecidos a estas institucións por permitirmos seguir promocionando a cultura musical realizada na nosa terra”.

E o alcalde de Foz, Fran Cajoto, destacou a variedade de programación que promove o Concello de Foz durante a tempada de verán e fóra dela: “estamos a falar de todo tipo de actividades, probas deportivas, actuacións de grupos tradicionais, festas patronais, cultura, festivais… Na rúa felicítannos pola variedade e a calidade da programación, que é moi completa. Isto hai que compatibilizalo co descanso porque queremos que Foz continúe medrando e siga a converterse no gran referente da nosa comarca. Quero agradecer á Deputación de Lugo o gran apoio económico que nos está a prestar para promover a música local a través do festival Vrao. Dicir Vrao é dicir Foz”.

Na presentación participaron tamén o concelleiro de Festas, Ángel Fernández; a edil de Xuventude, Zoraida Coira; a deputada provincial Marisol Morandeira; e a xerente do Centro Comercial Aberto de Foz, Ana Segade.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...