InicioCentralFozEvacúan dous feridos en Foz despois dun accidente entre tres vehículos

Evacúan dous feridos en Foz despois dun accidente entre tres vehículos

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu na estrada que conecta Rapadoira e Llas sobre as 13,20 hora

Publicada o

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser evacuadas ao hospital tras sufrir un accidente con tres coches implicados en Foz.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu na estrada que conecta Rapadoira e Llas sobre as 13,20 horas. Un dos implicados contactaba coa central de emerxencias para alertar do ocorrido e precisar que había outros dous vehículos implicados.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias-061, que se encargou da evacuación en ambulancia ao hospital de Burela; así como a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Foz. Así mesmo, informouse aos bombeiros de Barreiros, ao GES de Cervo e a Protección Civil.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...