InicioCentralFozChega a Foz 'Tu futuro se escribe con D', acción de RTVE...

Chega a Foz ‘Tu futuro se escribe con D’, acción de RTVE para mellora de competencias dixitais

A concelleira de Participación Cidadá, Elena Martínez Pena, mostrouse “moi contenta por esta campaña que vai acoller a moitos rapaces e persoas de calquera idade que queiran aprender sobre novas tecnoloxías e familiarizarse co mundo dixital”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz recibiu na mañá de hoxe, martes 22, o autobús de RTVE que leva por toda España a campaña denominada Tu futuro se escribe con D. Está situado diante da Casa do Concello dende hoxe, martes 22, ata o xoves 24 en horarios de 12 a 14 e de 15.30 a 20.30 horas para todos aqueles que queiran visitalo.

A concelleira de Participación Cidadá, Elena Martínez Pena, mostrouse “moi contenta por esta campaña que vai acoller a moitos rapaces e persoas de calquera idade que queiran aprender sobre novas tecnoloxías e familiarizarse co mundo dixital”.

O alcalde de Foz, Francisco Cajoto, que estivo na presentación da actividade con Martínez Pena, cre “moi importante o contacto de todos coas novas tecnoloxías, que son o presente de todos e esta actividade é un moi bo modo de relación entre xeracións”.

O autobús conta con xogos, como un scape room dixital ou o coñecidísimo xogo da oca, pero tamén en formato dixital; unha forma de practicar os contidos aprendidos, que se centrarán en utilizar teléfonos móbiles, navegación con mapas, como realizar unha videoconferencia, uso de redes sociais, un robot educativo ou Eva, que é un asistente dixital.

A concelleira e o alcalde animan á cidadanía a participar nesta actividade, “que é unha forma sinxela de aprender divertíndose e de coñecer a outros veciños con interese en mellorar nas competencias dixitais”, finaliza Elena Martínez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...