InicioCentralFozUn lume nunha nave de Foz deixa un palé de pladur e...

Un lume nunha nave de Foz deixa un palé de pladur e un contedor de lixo queimados

Publicada o

- Advertisement -

Bombeiros sufocaron un incendio que este mércores queimou un palé con material prensado e un colector de lixo nunha nave industrial de Foz, segundo informa o 112.

En concreto, arderon unhas planchas de pladur, nunha nave de material de illamento situada na parroquia de San Martiño de Mondoñedo que non viu afectada a súa estrutura. Tampouco sufriron danos outros materiais ou vehículos presentes na instalación.

Ademais dos bombeiros, foron mobilizados efectivos do GES, Garda Civil e servizos sanitarios, por precaución. Tamén se deu aviso aos servizos ambientais da Xunta, pero os danos foron leves.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...