InicioCentralFozFran Cajoto: "A Festa Normanda conta cada vez con máis participación da...

Fran Cajoto: “A Festa Normanda conta cada vez con máis participación da xente de Foz e de fóra”

A lenda de San Gonzalo afundindo frotas normandas no mar mediante as súas oracións é o pé para a creación da Festa Normanda de Foz. Aproveitando a ría da localidade, naceu a idea de recrear para propios e estraños un desembarco normando para que disfrutase toda a familia, os turistas e quen queira achegarse. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, chama a todos aqueles que queiran participar neste acontecemento.

Publicada o

- Advertisement -

-Cal é a orixe da Festa Normanda de Foz?

Esta festa foi unha iniciativa de ACIAFOZCCA, presidida por José Carlos Paleo, que con bo criterio observou como as estadías dos visitantes baixaban moito a partir do 15 de agosto. A idea entón foi crear contidos para prolongar as estancias, que o tempo de permanencia en Foz durase máis, así pois chegamos á conclusión da necesidade de desestacionalizar o turismo e para iso había que crear un evento a finais de agosto que non existía. Botando man da historicidade de Foz e creando un proxecto moi coidado, derivou na Festa Normanda. Baseáronse na lenda do Bispo Santo, San Gonzalo, que durante as invasións normandas afundiu un barco normando con cada oración. Arredor desta lenda naceu unha festa con moito éxito.

-Este ano traeredes novidades para a programación?

O principal atractivo é o desembarco normando. É unha recreación das incursións normandas a través da ría de Foz. Á parte das cuestións externas, como os cambios que observamos dentro do turismo de Foz dun ano para o outro, cambios en horarios a partir da COVID e como nos comportamos, pois para min unha das grandes atraccións é o mercado normando, postos de artesanía de gran calidade. Á parte está que cada ano é unha festa máis na que participa todo o pobo e con novidades tanto en teatro como nos pasarrúas.

-A xente de Foz como participa de maneira activa nesta Festa?

Hai persoas que participan de maneira moi activa que son as persoas da Asociación do Desembarco Normando, que son os grandes responsables e conductores desta festa e co seu gran traballo fana posible, mais tamén está a participación de toda a xente vestida de época, participando de maneira altruista no desembarco, na representación teatral e ao final participando dunhas festas que enraízan cunha particularidade que temos a xente de Foz, disfrazarnos, pois o Entroido, que ten tanta tradición, pois imaxina o que é a participación nunha festa disfrazándose de normandos, de vikingos e logo actuamos como xente da época con todo o ánimo e gran talante dos veciños e visitantes de Foz.

-A día de hoxe, como alcalce, cales son as referencias que chegan desde fóra do concello?

Pois o certo é que ten gran sona. En webs especializadas en festas históricas está cada vez máis arriba, porque gusta, por ser unha época de fins de verán, mesmo polo formato que sempre pode ter máis pulo, pois é unha fórmula moi boa cunha boa repercusión. Veñen medios audiovisuais e escritos centrando o seu interese tamén na plasticidade das paisaxes de Foz.

-Haberá algunha actividade dirixida a xente máis nova e outras paralelas?

Si, hainas como as carreiras de sacos, tiovivos de madeira, o domingo que é día do desembarco infantil que remata cunha festa da escuma. Queremos irlles pasando o relevo aos máis novos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...