InicioCentralFozO Concello de Foz manifesta que está "atento a todos os cambios"...

O Concello de Foz manifesta que está “atento a todos os cambios” co subministro de auga

A segunta tenente de alcaldesa, Inés López Couto destaca que “o tema do abastecemento de auga é algo moi serio como para xogar con comisións de investigación, sendo un asunto técnico a tratar por expertos na materia".

Publicada o

- Advertisement -

A segunda tenente de alcalde do Concello de Foz, Inés López Couto manifestou que“non hai motivos reais diferentes aos explicados polo goberno municipal en canto aos problemas coa potabilización da auga en Foz; o real é querer enredar co tema confundindo aos veciños”. López Couto engade que “entendemos que o PP queira fiscalizar o traballo do goberno, pero a día de hoxe non solicitou nin unha reunión para informarse con técnicos municipais ou da concesionaria e tampouco temos constancia da solicitude do pleno extraordinario que di na prensa”, continúa manifestando.

Inés López Couto tamén destaca que “o tema do abastecemento de auga é algo moi serio como para xogar con comisións de investigación, sendo un asunto técnico a tratar por expertos na materia, para os cales o Concello está en estreito contacto tanto cos técnicos municipais (internos e externos) coma coa Consellería de Sanidade” e aclara que “os trihalometanos, non halometanos, como di o señor Castiñeira, están sendo analizados cada dous días por laboratorios especializados e estanse realizando os tratamentos correspondentes por parte da empresa que presta o servizo de abastecemento, comunicando os cambios relevantes para a poboación cando se producen, de forma seria e transparente, ademais do envío de información puntualmente á consellería.”

López Couto manifesta tamén que “denota unha total falta de interese no tema o envío de mensaxes erróneas, mesturándose a potabilización (que se realiza despois da captación da auga, e o problema actual) coa distribución da mesma, para a que Foz, por certo, non ten tan boas infraestruturas” e pormenoriza: “construíronse depósitos en alta (na anterior etapa de goberno socialista) mais as tuberías polas que segue a distribuírse a auga na súa meirande parte son de chumbo ou fibrocemento, como na Avenida da Mariña, na que se realizou unha inversión ruinosa para o municipio. O goberno continúa mellorando tubaxes en todas as obras que realiza, como foi na rúa Costa do Castro (cambiando tamén a tubaxe do depósito principal de Foz), así como na obra en curso das rúas Salvador de Madariaga, Irmandiños e Curros Enríquez, ou na obra realizada o ano pasado en Eduardo Pondal; obras que se continuarán a realizar neste mandato.”

“O máis importante é que se solucione este problema o máis rápido posible, para o que se realizarán os axustes e traballos necesarios coa maior das seriedades como se leva facendo ata agora”, finaliza a segunda tenente de alcalde.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...