InicioCentralFozA empresa Gestagua anuncia investimentos de mellora de filtrado da ETAP de...

A empresa Gestagua anuncia investimentos de mellora de filtrado da ETAP de Foz

Publicada o

- Advertisement -


Gestagua e o Concello de Foz acordaron a adquisición dun novo medio filtrante co fin de mellorar a resposta da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) do municipio ante os efectos máis inmediatos do Cambio Climático, que inclúen tanto episodios de seca como de precipitacións intensas, circunstancias que implican unha maior afluencia de materia orgánica á planta e que, previsiblemente, continuarán nun futuro inmediato.

Trátase dun medio a base de arxila expandida que, ademais dunha maior durabilidade, achega numerosas vantaxes respecto ao actual, baseado en area silícea, facilitando a mellora na calidade da auga, así como un notable aforro enerxético e de auga consumida no proceso de potabilización.

A decisión de investir en substituír o medio filtrante xorde da detección de valores de trihalometanos (THMs) por encima do valor paramétrico (100 µg/l) ocorrida no presente verán. Desde Gestagua púxose en marcha, como medida de urxencia, o cambio do reactivo empregado na preoxidación para minimizar a presenza de cloro na potabilización da auga.

O outro compoñente indispensable para a proliferación de THMs é a materia orgánica que, en combinación co cloro, xera os compostos organoclorados precursores dos THMs. Mentres se dosificaba o novo oxidante, os técnicos a pé de campo e da central de Gestagua puxeron en marcha un estudo para determinar tanto a orixe da materia orgánica presente na auga como as medidas que debían implantarse para capacitar a actual ETAP para responder con fiabilidade ante estes episodios.

Desde Gestagua, o xefe de servizo en Foz, Ramón Hermando Fernández, detalla as vantaxes do novo medio filtrante que se aplicará na ETAP da localidade: Maior eficiencia de filtración. Mellora na calidade da auga tratada debida a unha eliminación de sólidos en suspensión responsables da turbidez, metais en disolución e materia orgánica particulada superior á actual. Maior velocidade de filtrado, aumentando a capacidade volumétrica de tratamento do sistema actual. Ciclos de filtrado máis longos, o que supón un aforro de enerxía e de auga no lavado de filtros. Menor caudal de aire e de auga de lavado. A menor densidade do medio filtrante require dun menor caudal de aire e de auga para a limpeza de filtros, engadindo así un aforro adicional de auga e enerxía.

A substitución do medio filtrante implicará tamén unha adecuación dos equipos electromecánicos responsables da limpeza, así como modificacións na entrada de auga aos filtros. Planéase realizar un investimento de preto de 48.000 € para a adquisición do medio filtrante, ademais de contemplarse unha partida alzada ao redor de 5.000 € para a adecuación de equipos electromecánicos e medios auxiliares para as operacións de substitución.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...