InicioCentralFozFoz organiza bailes con actuacións musicais os sábados en Cangas e os...

Foz organiza bailes con actuacións musicais os sábados en Cangas e os domingos na sala Bahía

A concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Ana Rojo, explicou que “o día 1 de outubro comezamos na Sala Bahía con José Manuel Abanico e xa a seguinte fin de semana teremos baile en Cangas con Corazón Latino e en Foz co Dúo Venus. Coma sempre organizado por Sanbet Agencia”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz organiza bailes con actuacións musicais os sábados en Cangas e os domingos na Sala Bahía desde outubro. Os da vila empezan mañá, día 1. Está actividade foi presentada polo alcalde, Fran Cajoto, e pola concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Ana Rojo.

O rexedor contou que “comeza en Foz a tempada de bailes, a etapa máis musical este mes de outubro e ademáis con novidades porque con respecto ano pasado non só haberá bailes os domingos senón que os sábados vanse celebrar en Cangas, grazas tamén á colaboración da asociación de veciños. E ademais teremos o baile habitual na Sala Bahía”.

A concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Ana Rojo, explicou que “o día 1 de outubro comezamos na Sala Bahía con José Manuel Abanico e xa a seguinte fin de semana teremos baile en Cangas con Corazón Latino e en Foz co Dúo Venus. Coma sempre organizado por Sanbet Agencia”.

O alcalde dixo que “estamos moi felices porque é unha demanda que teñen moitas veciñas e veciños, que nos estaban a preguntar cando ían a comezar os bailes en Foz porque non so é unha actividade musical, non so é escoitar a música de sempre, senón que é tamén unha actividade social e o que agardamos é que todas e todos o disfruten”.

Na Sala Bahía o 15 actuará Aixa Romay, o 22 a música estará a cargo do dúo Matices e o último domingo do mes, o día 29, actuará Manu Contre. E en Cangas o 14 o baile estará amenizado polo dúo La Clave e o día 28 polo trío Zafiro. O horario de todos os bailes será de 20:00 a 23:00 horas e o prezo da entrada son 5 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...