InicioM.ambiente e PatrimonioOutro gran incendio ameaza dúas parroquias en Foz

Outro gran incendio ameaza dúas parroquias en Foz

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia confirmou este venres que permanecen activos cinco grandes lumes en Galicia que queiman xa máis de 600 hectáreas, entre eles, dous na Mariña, o de Trabada e outro en Foz.

No caso do incendio de Foz , que se iniciou na madrugada deste venres, trátase de catro lumes próximos entre si, nas zonas de Santo Acisclo e Santa Cilla de Valadouro, e entre eles suman unhas 70 hectáreas afectadas. Os medios mobilizados neste caso foron 5 axentes, 6 brigadas, 9 motobombas e unha pa.

A estes incendios súmase o lume que segue activo en Trabada, con máis de 160 hectáreas calcinadas polo momento, e cuxa proximidade a núcleos habitados obrigou hai unhas horas a decretar a ‘situación 2’ de alerta.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...