InicioCentralFozAprazada a elección do rei ou a raíña do Entroido de Foz...

Aprazada a elección do rei ou a raíña do Entroido de Foz a causa dos incendios forestais

“Vémonos na obriga de aprazar o acto que se ía celebrar mañá á espera de como poida evolucionar a situación”, sinalan desde a organización

Publicada o

- Advertisement -

A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz veñen de anunciar o aprazamento do acto de elección do rei ou raíña do Entroido de Foz 2024, que estaba programado para mañá, sábado 14 de outubro, na Sala Bahía de Foz, por mor dos incendios que seguen activos nas parroquias de Santa Cilla e San Acisclo.

“Por fortuna non hai que lamentar danos persoais nin tampouco hai vivendas afectadas, pero vémonos na obriga de aprazar o acto que se ía celebrar mañá á espera de como poida evolucionar a situación”, sinalan desde a organización, que engade: “desexamos que se extingan o máis rápido posible e queremos agradecerlle o seu traballo aos corpos e forzas de seguridade, bombeiros, traballadores de Medio Rural, Protección Civil, GES de Cervo e á veciñanza da zona, que levan traballando arreo desde esta madrugada para parar esta barbarie”.

A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz rematan anunciando que “unha vez extinguidos os incendios e controlada a situación informaremos da nova data para a realización do acto. Agradecemos a comprensión de toda a veciñanza”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...