- Advertisement -
As dúas vindeiras semanas o cine é o protagonista en Foz. Volve o Ciclo Mestre Mateo en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, presenta a programación completa na que poderemos gozar das mellores películas e documentais deste ano, no que ademais teremos dous filmes para os máis pequenos:
Mércores, xoves e venres ás 20h para os documentais e películas e os domingos ás 17:30h para a animación infantil.
A entrada é de balde.