InicioCentralFozUnha alumna do IES de Foz queda terceira nas "Olimpiadas da FP"

Unha alumna do IES de Foz queda terceira nas “Olimpiadas da FP”

Competiron un total de 200 estudiantes de 84 centros diferentes e 24 especialidades.

Publicada o

- Advertisement -


Carmen Barba, alumna de 2º ano do Ciclo Medio de Servizos de Restauración vén de acadar o terceiro posto na clasificación do Galicia Skills 2023. Coñecidas como as Olimpiadas da FP, a súa fase galega discurriu en Silleda durante os días 25 e 26 de outubro e entregaron os premios o venres.

Competiron un total de 200 estudiantes de 84 centros diferentes e 24 especialidades. Durante dúas xornadas, Carmen tivo que demostrar as súas destrezas competindo con outros seis centros galegos. As probas consistían en realizar actividades de preparación, presentación e servizo de alimentos e bebidas así como as de atención á clientela no ámbito da restauración.

Entre outras,  tivo que identificar viños e licores, preparar cafés e cócteles, forrado de mesas e dobrado de panos. Estas actividades contribúen a mellorar a motivación do alumnado do IES de Foz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...