Os mércores 8, 15 e 22 de novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Foz terá lugar unha nova edición do ciclo de charlas médicas que o Concello de Foz está a organizar estes últimos anos en colaboración co Hospital Público da Mariña.
A concelleira de Sanidade, Comercio e Turismo, Kathy Navarro, anuncia: “este ano comezamos o mércores 8 con Maite Lanza Méndez, traballadora social e técnica responsable das actividades de prevención da Unidade de Drogodependencias, que nos vén falar de Deixar de fumar: por que e como? O mércores 15 o urólogo Marco Antonio García Expósito centra a súa charla na Próstata: que deberíamos saber? E remataremos esta edición o mércores 22 co psiquiatra Diego Gonzalez Peña, que comentará sobre A saúde mental na actualidade”.
A edil de Sanidade xunto co alcalde de Foz, Fran Cajoto, agradecen a colaboración e disposición do Hospital público da Mariña “por facer posible estas charlas, que achegan coñecemento aos veciños; e tamén aos relatores, por toda a labor que están a facer”.