InicioCentralFozDerruban os chalés da Areoura despois de catro décadas de liortas xudiciais

Derruban os chalés da Areoura despois de catro décadas de liortas xudiciais

O alcalde de Foz engade que “esta é a primeira fase e a segunda é que o Ministerio cumpra e o Servizo de Costas consiga converter esa finca con esas ruínas nunha área recreativa que sirva para uso e disfrute de todos”.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, afirma que a demolición dos chalés da Areoura é unha gran noticia para a parroquia de Cangas.

“Temos outra gran noticia en Foz porque por fin se están a demoler os chalés da Areoura. Son moitas décadas nas que sufrimos o feísmo dunhas obras inacabadas, ademais cun risco evidente porque estaban en ruínas. Este cumprimento da sentencia por parte dos actuais propietarios vén a resolver un problema que tiñamos nesta praia, unha das máis fermosas de Foz e que precisamente pola existencia deste feísmo ano tras ano nos concedían esa bandeira negra, unha mancha para ese areal tan espectacular como é o da Areoura”, manifesta o rexedor municipal focego.

Fran Cajoto engade que “esta é a primeira fase e a segunda é que o Ministerio cumpra e o Servizo de Costas consiga converter esa finca con esas ruínas nunha área recreativa que sirva para uso e disfrute de todos”.

Para o alcalde de Foz “é unha grandísima noticia, que ademais se suma a outra tamén moi boa nova para Cangas, como está a ser xa o proceso de expropiación para a construción desas dúas rotondas na estrada N-642. Son boas noticias para Cangas e para todo o concello de Foz porque é o primeiro paso de algo moi bonito que queremos construír no entorno dunha praia tan fermosa como é a da Areoura”.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...