InicioCentralFozFoz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O alcalde, Fran Cajoto, explica: “grazas ao apoio económico da Deputación de Lugo puidemos facer unha adquisición de vehículos que nos vai a permitir aforrar porque imos reducir gastos en talleres e suprimiremos o aluguer dunha furgoneta, que se vai a devolver esta mesma semana".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de obras, financiados grazas a un convenio asinado coa Deputación de Lugo en abril deste ano 2023. Os automóbiles –un todoterreo 4×4 e tres furgonetas- servirán para renovar parcialmente unha frota moi antiga. A compra dos vehículos fíxose por procedemento aberto, resultando adxudicatarios Caetano Fórmula Galicia no caso do todoterreo -Dacia Duster- e Ditram Automoción no caso das tres furgonetas -Toyota Proace- . O investimento total ascende a 98.714 euros.

O alcalde, Fran Cajoto, explica: “grazas ao apoio económico da Deputación de Lugo puidemos facer unha adquisición de vehículos que nos vai a permitir aforrar porque imos reducir gastos en talleres e suprimiremos o aluguer dunha furgoneta, que se vai a devolver esta mesma semana. Imos tamén dar de baixa varios vehículos, algún dos cales tiña máis de 30 anos de antigüidade. Estes adquiridos agora son ferramentas de traballo cun menor consumo e van permitir aos operarios municipais ter unhas condicións de maior seguridade. Quero agradecerlle ao presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, o apoio recibido”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...