InicioCentralFozUNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, presentaron hoxe, venres, a nova programación formativa para este mes de decembro, que inclúe tres cursos.

Deron conta de tres novas actividades abertas a todo o público, apostando por estes cursos para poder ofrecer coñecementos sobre temas tan interesantes como os que se detallan a continuación e para os que está aberta a inscrición:

Francés Básico. Nivel A2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) equivalente ao (DELF A2), os venres do 1 de decembro ao 22 de marzo de 17:00 a 19:30 horas. (Presencial e online).

MULLER. Falamos claro, do 11 ao 19 de decembro (luns e martes) de 18:00 a 20:30 horas. (Presencial e online).

– Curso para opositores: nocións fundamentais sobre a Constitución Española de 1978 e a lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das AA.PP, do 11 ao 15 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas. (Presencial e online).

Os interesados en máis información poden poñerse en contacto coa Aula Universitaria de Foz no teléfono 982.133.699, no WhatsApp 604.034.549 ou no correo electrónico foz@lugo.uned.es.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...