InicioCentralFozComeza Escola Obradoiro Terras do Ouro 2023 con alumnado de Foz, Alfoz...

Comeza Escola Obradoiro Terras do Ouro 2023 con alumnado de Foz, Alfoz e O Valadouro

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto; a alcaldesa e o primeiro tenente de alcalde de Alfoz, Efigenia Maseda e Jorge Val; e o concelleiro do Valadouro, Alejandro Fernández, deron hoxe, xoves, a benvida aos vinte alumnos e alumnas que conforman a Escola Obradoiro Terras do Ouro 2023.

As actividades formativas, que se desenvolverán durante o prazo de 12 meses desde este xoves, teñen como obxecto a capacitación do alumnado en instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría e en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

O obradoiro de emprego, cun orzamento conxunto de 245.000 euros para o acondicionamento de distintos espazos, vai a permitir mellorar zonas verdes e de esparexemento nos tres concellos.

Os responsables municipais destacaron o compromiso dos tres concellos coa formación e o emprego das súas veciñas e veciños, nun sector ademais que demanda man de obra: “é o terceiro obradoiro que realizamos en conxunto e a experiencia anímanos a continuar. Agardamos que todos os participantes aproveiten esta formación remunerada para ter un emprego estable e de calidade no futuro”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...