InicioCentralFozA Aula da UNED en Foz programa dous cursos e outras actividades...

A Aula da UNED en Foz programa dous cursos e outras actividades en xaneiro

Outra actividade será presentar a novela 'Resaibo amargo' de Lucía Ferro e unha charla informativa de presentación da propia aula universitaria da UNED o día 25 de xaneiro.

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, anunciaron este xoves 28 de decembro a nova programación formativa do centro para o vindeiro mes de xaneiro. Deron conta de catro novas actividades: dous cursos, para os que xa está aberta a inscrición, a presentación dunha novela e unha charla.

Por un lado presentaron dous cursos de extensión universitaria: un curso preparatorio de Celga 3 e 4, que se celebrará do 10 de xaneiro ao 20 de marzo de 16:00 a 18:30 horas, nas modalidades presencial ou online, en directo ou en diferido; e un curso para opositores que se denomina Nocións fundamentais sobre a Constitución Española de 1978 e a Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, que terá lugar do 11 ao 18 de xaneiro de 16:00 a 20:00 horas e tamén será presencial ou online, en directo e en diferido.

Por outra banda propoñen participar nunha actividade cultural para dar a coñecer unha novela de actualidade, Resaibo amargo, da veciña Lucía Ferro, natural de Barreiros, que será o venres 19 de xaneiro ás 19:00 horas na propia aula universitaria do IES de Foz.

Finalmente anuncian que se levará a cabo unha charla informativa de presentación da propia aula universitaria da UNED o día 25 de xaneiro ás 12:50 horas no salón de actos do IES de Foz, enmarcada no ciclo de presentacións que veñen de iniciar e que estará aberta ao público que poida ter interese en coñecer os servizos e recursos que dende UNED Foz se ofrecen.

Para máis información as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa Aula Universitaria de Foz no teléfono 982.133.699 ou no correo electrónico foz@lugo.uned.es.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...