IniciosociedadeOrganizada unha xornada de voluntariado para a limpeza de pélets nas praias...

Organizada unha xornada de voluntariado para a limpeza de pélets nas praias en Foz

A xornada terá lugar o vindeiro sábado, 20 de xaneiro, no areal de Llas

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde en funcións de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coa edil de Participación, Cristina López, e Froilán Pallín e Lucía Anido, en representación de Adega, anunciaron a organización dunha xornada de voluntariado para a recollida de pélets de plástico na costa de Foz.

A intención, dixo Arroxo, é “facilitar que todos os veciños de Lugo que o desexen” poidan colaborar de maneira voluntaria coa limpeza da vertedura de pélets que chega ás costas galegas.

A xornada terá lugar o vindeiro sábado, 20 de xaneiro, no areal de Llas, no municipio de Foz. O Concello de Lugo e Adega habilitarán un bus, que sairá ás 10,00 horas da facultade de Formación do Profesorado, e que chegará ao areal ás 11,30 horas. O final da xornada está previsto para as 14,30 horas, cando regresará o bus a Lugo. As inscricións poderán realizarse a través do formulario habilitado na web e nas redes sociais de Adega.

A actividade conta con 50 prazas para voluntarios, que recibirán formación no protocolo de recollida de pélets, ademais de todo o material necesario para o desenvolvemento da limpeza e para manter a súa seguridade en materia de saúde. Seguindo o principio de precaución, Adega dotará ao voluntariado de luvas homologadas para a manipulación de produtos perigosos.

O protocolo de limpeza do lixo mariño elaborado por Adega inclúe especificacións concretas para a retirada adecuada de pélets de plástico das praias. Algunhas das recomendacións pasan por acudir aos areais en grupos reducidos, realizar a limpeza nas horas de baixamar, empregar luvas de seguridade e evitar achegarse ás zonas ambientalmente máis sensibles.

Aconséllase, igualmente, utilizar a técnica de varrido na area compactada cun cepillo para, posteriormente, metelos nuns recipientes con auga e eliminalos cun colador cunha luz de malla de entre 2 e 3 milómetros. Débese pisar o menos posible a zona a limpar, dirixindo o avance do grupo na mesma dirección. A recollida do material retirado debe facerse en bolsas específicas debidamente etiquetadas, e non mesturar os pellets con outro tipo de residuos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...