InicioCentralFozInés López critica a falta de responsabilidade da oposición de Foz

Inés López critica a falta de responsabilidade da oposición de Foz

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira socialista Inés López Couto resposta ás críticas do PP explicando que “o líder da oposición non se tería que enterar de nada pola prensa se acudira á comisión de asuntos preparatorios dos plenos a informarse, como é a súa obriga e como indica o seu posto de titular na mesma. Tamén podería acceder aos documentos do expediente que levan dende o luns á súa disposición. O señor Castiñeira continúa na súa liña de irresponsabilidade co seu pobo, non aportándolle nada, salvo palabras grandilocuentes e insultos ao alcalde”.

Inés López engade: “é obvio que calquera asunto que se vai levar a unha comisión ou un pleno é para aprobalo; as sesións son para dialogar, aportar e que existan medidas que melloren a vida dos veciños. Agora o voceiro do PP sae con leccións do 2011, pero non recorda que quen aprobou a suba á actual concesionaria en pleno foi el e o seu grupo, subida que condicionou a perda do xuízo contra a mesma, xa que non lles foi necesario moito esforzo para gañalo porque o Concello regalou a súa pel e a dos seus veciños. O actual goberno tivo que facer fronte a máis de 700.000 euros anuais, incluso dos anos nos que el gobernou, aprobou a subida e non a pagou. Tamén debería explicar aos veciños o que supón o lugar que elixiu para a nova depuradora de Foz, cun bombeo que vai supor máis de 160.000 euros anuais en electricidade, máis de 15 euros ao ano por abonado, por empeñarse en levala por riba do nivel do mar. Falando mal, a merda non sube”.

E López Couto finaliza a contestación ao PP: “o mesmo de sempre, saír na prensa de forma, no seu caso, prepotente de verdade.”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...