InicioCentralFozA Aula da UNED en Foz programa cinco actividades para febreiro

A Aula da UNED en Foz programa cinco actividades para febreiro

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira da Aula Universitaria da UNED Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, veñen de presentar a nova programación formativa para vindeiro mes de febreiro. Deron conta de cinco novas actividades, para as que xa está aberta a inscrición.

Para comezar propoñen participar na presentación do libro ESL Sentence Builders, o xoves día 1 de febreiro ás 19 horas. A docente focense Leticia Veiga achégase á aula da UNED de Foz a dar conta do libro do que é coautora, ESL Sentence Builders. Trátase dunha obra didáctica baseada nunha novedosa metodoloxía para a ensinanza de idiomas. Unhas semanas despois, do 19 de febreiro ao 18 de marzo, esta autora impartirá un dos cursos de extensión universitaria, no que expoñerá o uso desta innovadora didáctica, denominado Implantación da metodoloxía EPI (Extensive Processing Instruction) en idiomas. As clases terán lugar os luns de 19 a 21 horas.

Tamén a comezos de mes haberá un novo curso, moi demandado, que versa sobre A disciplina positiva na aula, que se impartirá do 1 de febreiro ao 14 de marzo, os xoves de 17 a 19:30 horas.

Ademais o Curso preparatorio de Celga 3 e 4, que foi presentado na programación de xaneiro, tivo que ser posposto e pasará a celebrarase entre o 21 de febreiro e o 17 de abril. Terá lugar os mércores de 16 a 19 horas.

E o 27 de febreiro dará comezo un curso sobre Primeiros Auxilios Pediátricos, que se impartirá os martes de 17:30 a 20:30 horas en semanas contiguas ata o 19 de marzo.

Calquera destas actividades poden realizarse de maneira presencial e online en directo e en diferido. Para obter máis información sobre calquera delas indican que se contacte coa Aula Universitaria de Foz no teléfono 982.133.699, no WhatsApp 604.034.549 ou no correo electrónico foz@lugo.uned.es.

Finalmente anuncian que seguen inmersas no ciclo de presentacións da aula universitaria. Despois de celebrar varias charlas informativas en Foz e en Burela no mes de xaneiro, invitan a que se soliciten na aula ou no Concello por parte de quen teña interese en coñecer os servizos e recursos que dende a aula universitaria da UNED de Foz se ofrecen.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...