InicioOpiniónOPINIÓN: Unha reflexión antes das autonómicas

OPINIÓN: Unha reflexión antes das autonómicas

Publicada o

- Advertisement -

Franc Cajoto, alcalde de Foz

Non podo deixar de escribir unha reflexión, persoal e intransferible. Trata de como percibimos o mundo e como queremos que sexa. Son firme partidario dos servizos públicos: algo tan importante como son a saúde, a educación ou a seguridade non poden depender do poder adquisitivo de cadaquén. Que aporte máis quen máis ten: é a única vía para garantir a igualdade de oportunidades, a que merecemos.

Gústame a historia: estou orgulloso da extensa herdanza que deixaron en Foz e en toda Galicia os nosos devanceiros. Poboadores antigos dos que se perdeu o nome, tribos celtas que se asentaron e que deron en chamarse galaicas, algún fenicio de paso, romanos por suposto, anglos seica na Mariña, suevos e tamén algún visigodo, árabes … Un compendio de culturas que se enriquece coa inmigración actual, grazas á cal saen os barcos a faenar, temos médicos -moi escasos- nos nosos centros de saúde, traballan as empresas de construción ou tomamos un café tódolos días. Creo fortemente na cultura, no amplo espectro da palabra. Cultura sen cores políticas, sen fronteiras nin bandeiras. Arte que serve para expresar as inquedanzas, as vivencias, a perspectiva do artista. Arte que emociona, e non a todos da mesma maneira. Arte que tamén usa, coida e conforma unha materia prima preciosa, o mellor dos nosos patrimonios, a lingua galega. Arte que traspasa o territorio e que bebe de España, de Portugal, do Mundo, onde tamén xermola. Unha arte que non se limita ao territorio, senón que parte do artista que a crea e do seu tempo.

Houbo un día na historia no que dous homes poderosos -e digo homes, porque así era a sociedade- trazaron unha fronteira. A fronteira seguía o curso dun río e duns montes. Onde a chaira ocupaba o espazo, construíron un muro. A xente a un e ao outro lado do valado comezou a sentirse distinta, cando non o era. E mirábanse con sospeita, temerosos, cando cruzaban ao outro lado. Hoxe en día hai persoas que seguen creando fronteiras e outros que prefiren derruílas. Eu son dos segundos, por iso son socialista. Por unha Galicia máis plural, xusta e con futuro, aberta ao Mundo, eu apoio a Besteiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...