InicioCentralFozA Pomba do Arco organiza este domingo unha nova edición do Touporroutou

A Pomba do Arco organiza este domingo unha nova edición do Touporroutou

Publicada o

- Advertisement -

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza este domingo 11 de febreiro a partir das 20:30 h, no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz unha nova edición do Touporroutou, espectáculo xa clásico do entroido focego, que como en anteriores ocasións correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro e o grupo de pandeireiteiras da Subela.

A asociación cultural A Pomba do Arco quere convidar a todos os veciños e veciñas do Concello a colaborar con esta actividade, agudizando o enxeño e achegando as súas coplas ás diversas caixas colocadas en diversos establecementos de Foz. A entidade organizadora indica que estas caixas atópanse “Eskina”, “Leyton”, “Happy Days”, “Xoyma”, “Anduriña”, “Muelle Bar”, “Cevexaría Augas Santas”, “Casa Damián”, “Pachán”, “A Bolera”, “Dandy” e “Xoiña”.

O colectivo organizador introduce unha nova posibilidade de participación para a veciñanza. Neste sentido, abre unha conta de correo electrónico, apombadoarco@gmail.com, para que os veciños que o desexen acheguen a súa composición ou copla pola vía dixital. Asemade, a entidade sinala que a data tope para a entrega das conplas nas caixas depositadas nos estabelecementos hostaleiros é o venres 8 ás 20:00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...