InicioCentralFozCóctel afrodisíacos no San Valentín da campaña de ACIAFOZCCA

Cóctel afrodisíacos no San Valentín da campaña de ACIAFOZCCA

Publicada o

- Advertisement -

En Foz haberá doces e cóctel afrodisíacos para celebrar San Valentín do 9 ao 14 de febreiro dentro da campaña destas datas de AciaFozCCA. A tradicional cita foi presentada polos responsables dos establecementos participantes Xoyma, Anduriña e Marexada, acompañados da concelleira de Comercio, Katherina Navarro.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “dentro da nosa campaña de San Valentín do 9 ao 14 de febreiro Anduriña e Xoyma ofrecerán doces afrodisíacos e Marexada un cóctel tamén afrodisíaco. Así queremos que a xente celebre o Día dos Namorados degustando algunha destas propostas, que xa son tradicionais nesta campaña. Ademais na hostalería sabemos que hai menús especiais preparados para que poidamos gozar desta data dun xeito especial”.

AciaFozCCA sorteará 1.000 euros en vales de compra na súa campaña de San Valentín, que se desenvolverá do 8 ao 14 de febreiro. O sorteo terá lugar o día 19 en Radio Foz. A asociación focense conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...