InicioCentralFozACIAFOZCCA sorteará unha cesta entre clientes de oito locais hostaleiros

ACIAFOZCCA sorteará unha cesta entre clientes de oito locais hostaleiros

José Manuel Martínez, xuíz barista e traballador na hostalería desde hai máis de trinta anos comentou que “esta promoción é un incentivo, unha forma de apoiar e de ir da man con este importante Campionato Internacional de Baristas, que se celebra en Foz, e que contribúe á dinamización económica do noso pobo durante unha semana”.

Publicada o

- Advertisement -

AciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 8 locais hostaleiros e un vale de compra da asociación. Esta promoción especial O teu café ten premio enmárcase no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés que se vai celebrar no IES de Foz.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “aquelas persoas que tomen o café en Anduriña, Bar 78, Dandy, Los Dulces de Delphine, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte e Xoyma entre os días 19 e 25 de febreiro participarán no sorteo dunha cesta especial composta por produtos doados polas empresas colaboradoras así como un vale de compra de AciaFozCCA de 50 euros”. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 28 de febreiro.

José Manuel Martínez, xuíz barista e traballador na hostalería desde hai máis de trinta anos comentou que “esta promoción é un incentivo, unha forma de apoiar e de ir da man con este importante Campionato Internacional de Baristas, que se celebra en Foz, e que contribúe á dinamización económica do noso pobo durante unha semana”. E engadiu: “son oito os locais participantes en O teu café ten premio neste 2024. Agardamos que a cifra vaia en aumento nos vindeiros anos”.

As firmas colaboradoras son: Arnao vermut, Biscoff, Cafento, Candelas, Distribuciones Carreiras, Castillo San Damián, Café Dromedario, Cafés Foronda, Mafari Café, OTC Group, Templo Cafés, CoffeeUrbanRoasters e Veracruz.

AciaFozCCA organiza esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello de Foz e o IES de Foz. Na presentación participaron José Carlos Paleo, José Manuel Martínez, o alcalde focego, Fran Cajoto, e a concelleira de Comercio, Katherina Navarro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...