IniciosociedadeO Goberno anuncia o inicio do arranxo da N-642 na Espiñeira e...

O Goberno anuncia o inicio do arranxo da N-642 na Espiñeira e no treito Fazouro-San Cibrao

O Executivo investirá dous millóns de euros nas obras, cun prazo de execución dun ano

Publicada o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, avanzou o “inminente” comezo das obras de rehabilitación estrutural do firme na estrada N-642, na zona da Espiñeira e entre Fazouro e San Cibrao.

O Goberno reservou unha partida de 2,3 millóns nos orzamentos deste ano para estas actuacións.

As obras, que finalmente terán un presuposto de dous millóns, consistirán na rehabilitación estrutural do firme da N-642 nun treito de máis de 21 quilómetros.

Concretamente, esta nova actuación executarase entre os puntos quilométricos 26+950 e 28+800 (A Espiñeira, entre a conexión da N-642 coa N-634 e o núcleo de Mañente) e do 36+500 ao 55+000 (de Fazouro a San Cibrao). As obras terán un prazo de execución de doce meses.

Rodríguez sinalou que a obra axudará a acabar “coa marxinación á que foi sometida A Mariña Lucense”, e que se trata “dun importante esforzo económico para poñer a punto a principal vía de comunicación da bisbarra, para facilitar os desplazamentos de veciños, transportistas e turistas e para mellorar a seguridade vial da comarca”.

OBRAS DE URXENCIA

O ministerio de Fomento executará este proxecto logo das actuacións de urxencia que xa levou a cabo nos últimos meses, que supuxeron un investimento de máis de 1,5 millóns de euros.

O deterioro no pavimento, con fochancas de ata dez centímetros de profundidade, obrigou a facer no 2018 dúas actuacións de emerxencia nesta vía, unha por importe de 620.383 euros e outra de 729.567 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...