A Garda Civil detivo na provincia de Lugo a tres integrantes dunha banda especializada en roubos en vivendas na zona da Mariña Lucense, á que atribúe polo menos 25 feitos delituosos.
Segundo informou o Instituto Armado, no marco da ‘Operación Zona Cero‘ detivo a tres persoas de nacionalidade española e marroquí de 23, 26 e 32 anos, veciños das localidades de Foz, Ribadeo e O Valadouro.
Os detidos están considerados como presuntos integrantes dun grupo criminal dedicado ao roubo con forza en polo menos 25 vivendas e locais comerciais na Mariña e occidente de Asturias.
No rexistro dos domicilios dos detidos os axentes recuperaron numerosos obxectos como televisores, maquinaria, ferramentas, motores e outros efectos relacionados cos feitos delituosos investigados.
A INVESTIGACIÓN SEGUE ABERTA
A operación, coordinada polo Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro, continúa aberta e non se descartan novas detencións “en datas próximas”. Podes ler a nova completa no Galicia Confidencial.