IniciosociedadeSeguen as carencias no centro de saúde de Foz, sen sabas nin...

Seguen as carencias no centro de saúde de Foz, sen sabas nin papel para padiolas

A CIG asegura que chega “material escaso" nos dous repartos ordinarios mensuais e que os pedidos urxentes "tardan en solventarse"

Publicada o

- Advertisement -

A CIG denunciou de novo este xoves as carencias de material no centro de saúde de Foz. O sindicato nacionalista asegura que o ambulatorio focego quedou sen sabas pequenas que estaban a utilizar para paliar a falta de papel para as padiolas.

A central expón que o uso de papel é “importante para manter limpa e hixiénica a padiola. A idea é que a mesma se poida usar por diferentes pacientes e durante varias sesións da forma máis hixiénica posible, xa que permite o aseo rápido e evita que se ensucien con fluídos corporais ou suor”, indica.

Este mércores, o sindicato nacionalista xa advertiu da falta de agullas de extracción de adultos, que “provocan coagulación das mostras e atrasos na recollida das mesmas; de gasas, de papel de mans, de auga para esterilizar e de bastóns para recoller mostras de exudados.

A CIG atribúe esta situación a que chega “material escaso nos dous repartos ordinarios mensuais, e se se fai un pedido urxente tarda en chegar”.

Os servizos xa non teñen capacidade de reacción á hora de pedilo desde que as subministracións se centralizaron na plataforma loxística de Negreira, algo que non pasaba había 21 almacéns do Sergas, un deles en Burela antes de privatizar e centralizar”, explican.

ANIMA A RECLAMAR

Desde a CIG animan aos usuarios a “facer follas de reclamacións para denunciar esta situación que é debida única e exclusivamente ás políticas de recortes e privatizacións de quen dirixe a nosa sanidade pública”.

PIDEN A RECUPERACIÓN DA ÁREA SANITARIA

Desde a CIG esixen o cambio da Lei Galega de Saúde para que se poña fin ás estruturas organizativas de xestión integrada, EOXI, e se devolva a xerencia da Atención Primaria (AP).

Tamén reivindican que se incremente a partida dos orzamentos para AP, que actualmente é “dun doce por cento do total destinado a sanidade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...