InicioCulturaMadrid acollerá a estrea do novo videoclip de Xaime Miranda, rodado na...

Madrid acollerá a estrea do novo videoclip de Xaime Miranda, rodado na Mariña para Stoned At Pompeii

'Ancroidal', que se proxectará nos cines Artistic Metropol, foi gravado no antigo salón de baile de Vilaronte ou no Pazo de Carrocide alfocego

Publicada o

- Advertisement -

Este xoves, 21 de novembro, estréase nos cines madrileños Artistic Metropol o videoclip Ancroidal‘ da banda viguesa Stoned At Pompeii, dirixida polo realizador cervense Xaime Miranda, con Iago Vilariño como director de fotografía.

A peza audiovisual rodouse ao longo de varios meses e foi gravado en diferentes localizacións da Mariña Lucense, como son o antigo salón de baile de Benito, en Vilaronte; o pazo de Carrocide, en Alfoz, e os exteriores da casa de Pallares, en Barreiros. Así mesmo, o equipo desprazouse ao pazo da Toxeiriña, en Moraña (Pontevedra) para a gravación dalgunhas das escenas.

Neste novo traballo de Miranda, ademais dos compoñentes do grupo musical, interveñen o actor Brais Yanek –que participou en películas como ‘Nove de novembro‘ e ‘Dohgs‘ ou a premiada serie ‘Fariña‘- e a actriz de teatro, e protagonista de musicais, María Borrazás. Para completar o elenco, o realizador contou coa colaboración da cervense Teresa Rey e con Juan Vilariño, membro da compañía Pico de Castro de Foz.

ANÉCDOTA CO LUME

O lume protagonizou nunha das xornadas de gravación a anécdota da rodaxe, cando os veciños alertaron a Protección Civil e Bombeiros de Barreiros sobre un suposto incendio nun garaxe de Burela, onde se estaba a filmar unha escena do videoclip.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...