InicioCentralFozXoán Ramón Fernández, novo cronista oficial de Foz

Xoán Ramón Fernández, novo cronista oficial de Foz

Substitúe a Suso Fernández que renunciou ao cargo en 2019 por motivos de saúde.

Publicada o

- Advertisement -

Acordo histórico en Foz. Todas as forzas políticas puxéronse de acordo en que o historiador focego Xoán Ramón Fernández Pacios sexa o novo cronista oficial en substitución de Suso Fernández quen, por razóns de idade, renunciou ao cargo a finais do ano 2019.

Xoán Ramón Fernández Pacios licenciouse en Xeografía e Historia en 1990 pola Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Historia Contemporánea. É habitual articulista e conferenciante sobre temática histórica, en especial sobre materias relacionadas coa Mariña lucense, participou como Secretario nas Xornadas de Estudos Medievais da Mariña Central desde a súa primeira edición no ano 2004 e como Comisario da exposición Foz e a súa historia. Na actualidade é presidente da asociación cultural A Pomba do Arco de Foz e o encargado do Centro de Interpretación do Camiño Norte en Mondoñedo.

Pola súa banda, Suso Fernández foi un pioneiro en moitos ámbitos, a súa biografía é moi extensa. Cronista oficial de Foz desde o 28 de decembro de 2001, no seu haber destacan fitos como fundar a primeira imprenta e libraría de Foz no ano 1963, presidente-fundador da ACIA, co-fundador da Federación de Comerciantes da Mariña, promotor e director da Feira do Libro de Foz, presidente-fundador da Asociación O Feitizo-Amigos das Artes, cofundador da Asociación Os Bolouros-amigos das setas e do Radio Clube Costa Lugo, cofundador da Coral Polifónica de Foz, presidente-fundador da Asociación da Coral Polifónica de Foz e un longo etcétera. Tamén escribiu diversos libros: Guía histórica e artística de San Martiño de Mondoñedo, o primeiro libro publicado acerca do importante monumento; Foz, o mar e as xentes; Miscelánea focense, Cartafol de Foz e Foz, un lugar de ensueño.

 

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...