Dous pesqueiros tentaron remolcar ao “Virxen dos Milagros”, encallado tres millas ao sur de Burela, na zona coñecida como Porto de Nois, xa no concello de Foz, pero “non conseguiron sacalo”. Segundo informa Salvamento Marítimo, tras fracasar o intento deste xoves, ao armadar presentará un plan para volver probar este venres.
Nestes traballos estiveron presentes a ‘Salvamar Alioth’ e a lancha ‘Saturno’ da Cruz Vermella. Polo momento, non hai constancia de contaminación mariña na zona.
Dez tripulantes do “Virxen dos Milagros” foron rescatados na madrugada deste xoves despois de que o barco quedara varado nunha zona rochosa chamada Porto de Nois, no municipio de Foz.
Oito dos tripulantes foron levados polo pesqueiro ‘”A costa de Lugo” ata o peirao da fábrica de xeo de Burela, mentres que os outros dous –patrón e mecánico– necesitaron a asistencia do helicóptero ‘Pesca 2’. Todos se atopan ben de saúde.