InicioCentralFozFoz "renumerará" as súas rúas 26 anos despois para que sexan localizadas...

Foz “renumerará” as súas rúas 26 anos despois para que sexan localizadas por Google Maps

Tamén se aproveitar para darlle nome a rúas que aínda non o teñen, como a que está entre a Avenida Álvaro Cunqueiro e a Rúa do Pilar, en pleno centro urbano de Foz.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz procedeu á contratación, con cargo ao Plan Único 2021 da Deputación de Lugo, da nova numeración do rueiro do termo municipal. O alcalde, Fran Cajoto, sinalou que, actualmente, a numeración está sobre uns planos do ano 1995 desactualizados, sobre os que se foron anotando a man as novas numeracións. “A perda ou extravío desta documentación constituiría un grave problema para trámites tan habituais como os empadroamentos”, dixo.

Ademais, os planos non son fieis á realidade, xa que na cartografía non se inclúen numerosas vivendas e hai erros de localización, polo que non se pode realizar un “traballo fiable e preciso”. O rexedor municipal engadiu que a creación da nova base de datos, que se fará sobre un sistema de información xeográfica GIS, virá resolver este problema. “É moi habitual que distintas vivendas compartan o mesmo número co engadido dunha letra”, apuntou. Ademais certas direccións non se recoñecen en aplicacións tan empregadas como Google Maps e isto xera problemas cos servizos de correo e paquetería, que non localizan moitas vivendas. “Debemos pór solución a este problema”, asegurou.

NOME DE RÚAS

O alcalde focense comunicou ademais que se aproveitará a ocasión para nomear rúas que están aínda sen nome. “No centro urbano hai varios exemplos, como a rúa que conecta a Avenida Álvaro Cunqueiro e a Rúa do Pilar á altura da Pastelaría Anduriña. Farase unha proposta buscando o maior dos consensos e mellorando desta forma a localización de todos os portais”, dixo.

O traballo non se limita ao centro urbano, senón que se estende a todo o concello. É por iso que o prazo de execución elevouse a oito meses de traballo, para un importe de adxudicación de 17.908 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...