InicioCentralFozO IES de Foz ofrecerá un ciclo superior de dirección de servizos...

O IES de Foz ofrecerá un ciclo superior de dirección de servizos con dous anos de prácticas remuneradas

O prazo para inscribirse arrinca este venres 25.

Publicada o

- Advertisement -

Coa fin dun dos cursos escolares máis atípicos que se recordan, ábrese ante os alumnos que veñen de se graduar unha nova fronte: escoller que paso tomar a continuación, como continuar –ou non– os seus estudos. Os que decidan enfrontar o mercado laboral pasando por un ciclo poden contar co curso de grao superior ofrecido polo IES de Foz, que conta con prácticas en empresas remuneradas da man da empresa pública de hostalaría Paradores.

O ciclo dual de grao superior comezarase a ofrecer no vindeiro ano 2021-2022, conformando unha nova ensinanza que vén de ser presentada no Parador ribadense polo director e a vicedirectora do centro educativo focense, Nicolás Asensio e Leticia Maseda, e polo director dos Paradores de Ribadeo e de Vilalba, Antonio Graña, e o xefe de sala do establecemento ribadense, Alejandro Lara.

Segundo apunta os organizadores, o ciclo dual implicará que os alumnos interesados pasen ambos cursos facendo prácticas remuneradas dende o 15 de marzo ao 31 de agosto. Estas estadías na empresa pública de hostalaría desenvolveranse no Parador de Ribadeo e noutros de Galicia. En conxunto, ofertaranse dez prazas coas cales os organizadores agardan dar prácticas “a todo o alumnado”.

Segundo destacan as mesmas fontes, os interesados en cursar este ciclo deben presentar unha solicitude de admisión vía telemática e para resolver calquera dúbida poden contactar coa Secretaría do IES de Foz. O prazo comeza este venres, día 25 de xuño.

 

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...