InicioCentralFozO IES de Foz ofrece un ciclo de actividades comerciais que contará...

O IES de Foz ofrece un ciclo de actividades comerciais que contará con prácticas en empresas punteiras

Trátase dun ciclo dual que conta coa colaboración da Federación do Comercio da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

O IES de Foz, en colaboración coa FCAM, oferta para o vindeiro curso 2021-2022 o ciclo medio dual de actividades comerciais, e convértese así no único centro da provincia de Lugo que o impartirá. O alumnado realizará as prácticas en empresas da Mariña. Este novo ciclo foi presentado nas instalacións do IES de Foz polo seu director, Nicolás Asensio, polo xefe de departamento de Comercio, José Otero, polo dinamizador dual Álvaro Doural e polo presidente da FCAM, José Carlos Paleo.

O director do IES de Foz, Nicolás Asensio, explicou que “dentro das novidades que temos en ciclos para este curso, un co que estamos máis ilusionados é co ciclo medio de actividades comerciais en colaboración coa FCAM. Foi froito do traballo de Álvaro Doural, dinamizador dual con plaza no CIFP Porta da Auga, xefe de departamento, José Otero, e a FCAM, representada aquí polo seu presidente, José Carlos Paleo”.

O ciclo oferta doce prazas, con prácticas en empresas punteiras da Mariña. A partir de hoxe, día 25, pódense comezar a presentar solicitudes e  a partir do 8 de xullo comezará a selección de candidatos e a adjudicación de destinos para las prácticas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...