InicioCentralFozO PP insiste no compromiso da Xunta coa nova depuradora de Foz

O PP insiste no compromiso da Xunta coa nova depuradora de Foz

Os populares esperan que o goberno de Foz cambie definitivamente de postura e asuma sen dúbidas a ubicación da depuradora na Granda, entre Forxán e Fazouro

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira Ethel Vázquez confirmou ao portavoz do PP en Foz, Jaime Castiñeira, o seu compromiso co co impulso á instalación da nova planta depuradora de augas residuais.

“A semana pasada, o PP de Foz mantivo unha reunión coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, a propósito da construción da nova depuradora de Foz; agradecemos que a Xunta de Galicia siga co compromiso firmado no seu momento co goberno do PP para a nova depuradora de Foz e que estea avanzado”, dixo nun comunicado.

Os populares anuncian que velarán para que o goberno municipal prosiga cos trámites necesarios para a construción da nova depuradora. “Esperamos que o goberno municipal siga adiante e cambie definitivamente a súa opinión inicial, que era contraria a esta ubicación”, indicou Castiñeira.

A nova infraestrutura, dixo, “resolverá un problema medioambiental e de malos olores, que dan unha imaxe moi mala de Foz durante os veráns; é un paso fundamental para corrixir ese gran problema”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...