InicioM.ambiente e PatrimonioAs depuradoras de Foz e Burela contaminan máis do permitido segundo Ecoloxistas

As depuradoras de Foz e Burela contaminan máis do permitido segundo Ecoloxistas

Un informe desta organización denuncia as numerosas irregularidades que presentan case unha vintena de Estacións Depuradoras de Augas Residuais.

Publicada o

- Advertisement -

Un informe de ecoloxistas en acción revelou que 19 Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) presentan numerosas Non Conformidades. Estas son instalacións polas que pasan as augas residuais xeradas polos usuarios domésticos e industriais e recollidas pilas redes de saneameto dos concellos, para ser tratatadas antes de poder vertelas a ríos ou mares. Entre elas, o informe destaca as depuradoras de Foz e Burela.

Das 159 EDAR analizadas en 2020, destcan 9 depuradoras que presentaron inconformidades con respecto á demanda biolóxica de osíxeno aos 5 días (DBO 5) “moitas máis veces do permitido”. Entre elas salientan a EDAR de Castro de Rei, que non pasou ningunha das 12 análises anuais, a de Foz, con 7 non conformidades e a de Pontecaldelas con 6. A maior parte das 19 EDAR que presentan irregularidades están infradimensionadas, é dicir atenden a unha poboación maior da que poderían tratar con facilidade. Dende a asociación sinalan que o caso máis problemático é a EDAR de Placeres, que trata as augas de Pontevedra, que só en 2020 tivo 22 incumprimentos de demanda química de osíxeno (DQO). Máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...