InicioCentralFozO PP critica ao rexedor de Foz por non informar da situación...

O PP critica ao rexedor de Foz por non informar da situación “crítica” da Escola de Música

"É moi grave que o alcalde tivese a dimisión do director da Escola de Música catro meses no caixón sen avisar a ninguén”, di.

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular de Foz tilda de “moi grave que o alcalde tivese a dimisión do director da Escola de Música catro meses no caixón sen avisar a ninguén”. Así o sinalou o edil popular Juan Rivas logo de asistir  á comisión de seguemento convocada esta semana polo rexedor. “Unha xuntanza que chega moi tarde, pois o socialista é coñecedor da crítica situación pola que atravesa o centro formativo dende principios de ano”, dixo.

Tamén cualifica de “vergoñento” que o rexedor non informara aos grupos políticos da situación. “É unha mala xestión e evidencia unha actitude que vén marcando a Cajoto dende que é alcalde, que é rirse dos problemas e intentar que se solucionen nun caixón debaixo da mesa, conseguindo con elo que acaben agrandándose aínda máis”, dixo.

Neste senso, Juan Rivas considera que este caso “é outro máis” e que se suma, di, “aos dos xubilados ou ao da depuradora”. “Logo as consecuencias sempre son moio peores”, advirte.

Diante esta situación, os populares preguntaron na sesión plenaria por este asunto en cuestión, e fixérono porque “fontes internas” alertáronos de que “o problema pode ser maior e traer máis dimisións”. “A escola está en perigo, ata o di a AMPA e o alcalde non ten a solución; o único que fai é que llas dean os demais”, critica.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...