A concelleira de Xuventude e Deportes de Foz, Gema Méndez Leivas, presentou este mércores o pequeno parque acuático no que se converterá a pista polideportiva do Campo da Cabana. “Contaremos co Gravity, un gran tobogán, único en Galicia e que se estrea na Mariña”, dixo.
Así, dixo que se trata dunha “impresionante rampa de 35 metros de altura“. Os máis pequenos, que non cheguen a 1,50m, poderán gozar do deslizador Selva, con dous tobogáns de 18 metros.
Segundo indiou a concelleira nun comunicado, estreará este pequeno parque acuático a rapazada do programa Aberto x Vacacións, o xoves pola mañá, e na xornada de tarde xa poderán inscribirse todas as persoas que o desexen. Será necesaria a inscrición previa, na mesma pista polideportiva, para as diferentes quendas de mañá e tarde.Os horarios nos que estará aberto serán: xoves, de 16h a 19h; venres, sábado e domingo, de 12h a 14h e de 16h a 20h.
“En Foz, mollámonos, pero farémolo con moito sentidiño, para o que contaremos, como vén sendo habitual en todas as actividades que organizamos, cun protocolo de prevención da Covid19″, indicou a concelleira que anima a participar, tanto a maiores como pequenos.