IniciosociedadeProtesta en Foz para reclamar uns servizos de saúde “dignos e de...

Protesta en Foz para reclamar uns servizos de saúde “dignos e de calidade”

O rexedor, Francisco Cajoto, di que non quere “parches e titulares do PP”.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña saíu este xoves á rúa de Foz para demandar a substitución do persoal en vacacións ou outros permisos para garantir unha asistencia sanitaria de calidade. Tamén pide a reposición do segundo técnico de transporte na ambulancia medicalizada e a dotación de matrona no centro de saúde de Foz.

Á protesta asistiron numerosos veciños, e entre eles, tamén estaba a Secretaria Provincial e Deputada Autonómica do PSdeG, Patricia Otero xunto ao alcalde de Foz, Francisco Cajoto.No acto tamén participaron a tenente de Alcalde de Barreiros, Mari Carmen Veiga, o concelleiro focense Javier Fraga e a secretaria da agrupación local de Foz, Maria Luisa Piñeira, entre outros compañeiros e simpatizantes.

Durante a protesta, o alcalde de Foz, Francisco Cajoto remarcou que xa denunciou publicamente a desfeita sanitaria do centro de saúde do Concello. “Diante desta mesma porta criticamos os recortesdos sanitarios na época estival, que se agravan cun servizo de pediatría que non se cobre a xornada completa”, indicou.

Aludiu ademais as queixas destes dias para dotar unha matrona ao centro de saúde.” Queremos unha sanidade pública e de calidade, non queremos parches e titulares do PP”, criticou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...