Foz celebra o San Lourenzo a pesar da Covid con catro días de concertos, maxia e exposicións

Haberá que cumprir os protocolos covid da Xunta.

Inés López e Ángel Fernández presentan o cartel das festas de San Lourenzo de Foz / Concello de Foz

O Concello de Foz, en colaboración coa asociación O Noso Foz, celebrará o San Lourenzo a pesar da pandemia e organiza dende o día 6 de agosto e ata o 10 diversos actos nos que hai respectar os protocolos marcados pola Xunta de Galicia. O cartel foi presentado pola concelleira de Cultura, Inés López Couto, e Ángel Fernández Neira, de O Noso Foz.

Os pequenos eventos comezarán este venres coa inauguración da exposición de Otero Regal no CENIMA e a presentación do libroAuxías, de Paco Rivas, ás 20 horas para ás 21 horas continuar na Praza Rosalía de Castro co pregón e a actuación de Sons Varadero.

O sábado a actividade continuará con actuacións ás 13 horas na praza Conde de Fontao co grupo Atlántica e na praia da Rapadoira co grupo Los Rubios. Ás 20 horas o teatro de títeres chegará a Conde de Fontao con Circo Galaico e ás 22 horas o grupo Nostalgia amenizará a noite.

O domingo 8 o mago Antón encherá de maxia Foz, dende as 12 e ata as 22 horas na praza Conde de Fontao, onde a partir das 13 horas haberá concerto de Mr. Hathawai e na Rapadoira con La Otra Onda. Ás 22 horas en Conde de Fontao de novo estará La Disquetera.

O luns 9 na avenida da Mariña a partir das 12 horas estará Mia Disko e ás 22  horas en Conde de Fontao Dos punto com.

O martes 10, día de San Lourenzo, haberá concerto de El Nahual na praia da Rapadoira ás 13 horas e da banda A Rebolaxe  en Conde de Fontao. Ás 20 horas no polideportivo do Campo da Cabana a Banda de Música de Foz ofrecerá o seu tradicional concerto, para pechar o día ás 22 horas en Conde de Fontao con Whicked World.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here