InicioEconomíaA Deputación de Lugo investirá case medio millón de euros para reformas...

A Deputación de Lugo investirá case medio millón de euros para reformas en Foz

"As obras supoñen unha mellora de primeira orde en canto á mobilidade urbana de Foz", remarcou o presidente da Deputación, José Tomé.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o alcalde de Foz, Francisco Cajoto, asinaron este martes un convenio de colaboración co que o ente provincial achegará máis de 460.000 euros para reformar a rúa Costa do Castro.

A Deputación achega o 80% do custo da obra, mentres que do 20% restante farase cargo o concello focense. “É unha vella aspiración do Concello de Foz, xa se falaba desta obra hai aproximadamente 30 anos“, destacou José Tomé, quen se mostrou satisfeito por este “exemplo de colaboración entre administracións”.

“As obras supoñen unha mellora de primeira orde en canto á mobilidade urbana de Foz”, remarcou o presidente da Deputación. A rúa comunica o centro da localidade co cemiterio, a residencia de maiores ou o barrio de Marzán.

A reforma principal consistirá na renovación do firme da vía marcando dous carrís de circulación, a instalación de beirarrúas e iluminación; así como a mellora das redes de abastecemento, saneamento e de telecomunicacións. O prazo de execución previsto é de oito meses.

José Tomei firma o primeiro dos convenios de colaboración cos concellos anunciados na última xunta de goberno. Prevese que nos próximos días sele os acordos nos municipios de Muras, Vilalba, Barreiros, A Pobra do Brollón, Ribadeo e Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...