InicioEconomíaO BNG de Foz presentará alegacións contra o proxecto eólico Borrasca

O BNG de Foz presentará alegacións contra o proxecto eólico Borrasca

Trátase dun novo parque eólico, que afectará aos Concellos de Foz, Alfoz, Lourenzá, Barreiros, Mondoñedo, Cervo e Xove.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Foz anuncia alegacións ao proxecto Borrasca. O partido comunica que “pon a disposición dos veciños un modelo para facilitar a sua presentación”.

Os nacionalistas destacan que “na Galiza, continúan en fase de tramitación mais de 130 proxectos de parques eólicos para encher os montes do país de macroaeroxeneradores de case 200 metros de altura”.

Sinalan que as empresas levan adiante estes proxectos “mesmo ameazando explotacións agrogandeiras e núcleos de poboación”. O proxecto Borrasca e un deles e atópase en trámites de alegacións. Trátase dun novo parque eólico, que afectará aos Concellos de Foz, Alfoz, Lourenzá, Barreiros, Mondoñedo, Cervo e Xove.

Tras rondas informativas para a avaliacion do proxecto e a palestra o pasado 9 de setembro, “o BNG de Foz presenta alegacións e facilitará un modelo aos veciños para impedir este novo expolio e atentado ambiental”. Os interesados poden solicitalo no correo: amarinha@bng.gal e no tel 982140654.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...