InicioCentralFozFoz aposta polo teletraballo para fixar poboación no concello

Foz aposta polo teletraballo para fixar poboación no concello

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, móstrase optimista porque “as novidades para as metodoloxías de traballo e a mellora das comunicacións no rural permiten que se poidan dinamizar de novo as nosas parroquias".

Publicada o

- Advertisement -

Na tarde de hoxe, sábado, o Concello de Foz presentou no Cenima a súa nova campaña Vive e traballa en Foz, que incide en dar a coñecer os beneficios de residir nun lugar coma Foz para todos aqueles que teletraballan e viven en cidades.

A concelleira de Emprego, Inés López Couto, explica que “o vídeo realizado está pensado para atraer poboación das cidades, que dende a chegada do COVID teletraballa e vive en pisos pequenos e sen posibilidade de saír pasear á natureza sen coller o coche”. López Couto sinalou que o teletraballo “agora permite vivir a moitos quilómetros da sede da empresa, polo que a calidade de vida pode mellorar de forma exponencial”.

Ademais do spot da campaña tamén se deseñou unha web onde se poden consultar contidos e contactar para obter información. “Foz ten as características necesarias tanto no casco urbano como nas parroquias para ofrecer aos teletraballadores un lugar perfecto para exercer a súa profesión e mellorar a calidade de vida”.

O alcalde focense, Fran Cajoto, móstrase optimista porque “as novidades nas metodoloxías de traballo e a mellora das comunicacións no rural permiten que se poidan dinamizar de novo as nosas parroquias e ofrecerlle á xente nova e familias con nenos e nenas un lugar cómodo, tranquilo e cos servizos necesarios para vivir.”

Desde o Concello agradecen a colaboración da veciñanza para a realización deste vídeo, que de forma desinteresada protagonizaron esta gravación. Ademais a Concellería de Turismo mostrou unha selección das imaxes que se tomaron durante estes meses para conformar un banco fotográfico focense para uso municipal.

“É moi importante gardar a memoria das nosos paisaxes, por iso comezamos este proxecto que serve para obter un arquivo de fotografías do noso fermoso concello, que servirán para dinamizar as campañas turísticas”, comentou o edil Jose María Linares.

Para rematar Fran Cajoto destacou que “Foz aumenta de poboación, pasamos de pouco máis de 10.000 a 10.300 habitantes no que levamos de goberno. Miramos o futuro con optimismo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...