InicioCentralFozFoz conta xa co seu primeiro banco oficial de fotos

Foz conta xa co seu primeiro banco oficial de fotos

O edil de Turismo, Chema Linares, engadiu que “con este traballo e outros en tramitación esperamos nutrir a nova web turística que se vai elaborar para o Concello de Foz e que xa está presupostada nos orzamentos deste ano”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz conta desde este sábado pasado co primeiro banco oficial de de fotos sobre o municipio. O concelleiro de Turismo, Chema Linares, comentou que “parece mentira, cando son moitas as fotografías que diariamente veciños e turistas colgamos nas redes, que o Concello de Foz ata agora non contara cun banco de fotos, moitas veces solicitado dende a oficina de turismo”.

Linares tamén declarou que son moitas as revistas, publicacións, semanarios, xornais ou particulares que continuamente “nos piden fotos dos diferentes recursos turísticos ou recunchos do noso concello”. Un exemplo que puxo Linares foi a petición de imaxes para elaborar un libro “sobre os castelos e fortalezas de España da fortaleza do mariscal Pardo de Cela na Frouxeira, ou para un traballo sobre os paseos marítimos en Galicia, da Sociedad Estatal para la Gestión de la Innovación y las Tecnologías Turísticas (SEGITTUR), tendo que acudir a fontes externas para conseguir tales fotografías”.

Chema Linares destaca que se trata “dun traballo de máis de 270 fotografías de diferentes lugares e recursos do noso concello, no que están representadas as nove parroquias, as praias, os paseos, as rutas, a ría, o pobo, as igrexas e capela e, como non, o castro de Fazouro e a Basílica de San Martiño”. Foi un traballo de longa de duración xa que as condicións lumínicas e a propia natureza “non son as mesmas en cada estación do ano nin en cada momento do día, ou mesmo as praias non son as mesmas con marea baixa ou chea”.

Para rematar o edil de Turismo engadiu que “con este traballo e outros en tramitación esperamos nutrir a nova web turística que se vai elaborar para o Concello de Foz e que xa está presupostada nos orzamentos deste ano”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...